Descargar unha aplicación
O seu teléfono soporta aplicacións Java J2ME. Asegúrese de que a aplicación é compatible
co seu teléfono antes de descargala.
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, como como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a
proba Java Verified™.
Pode descargar aplicacións e xogos novos de diferentes formas.
● Seleccione Menú > Aplicacións > Opcións > Descargas > Descargas aplic. ou
Xogos descargados; da lista de marcadores dispoñibles que se amosa.
● Use o Nokia Application Installer do PC Suite para descargar aplicacións para o seu
móbil.
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizo para obter máis información sobre a
dispoñibilidade de diferentes servizos e prezos.
16. Web
É posible acceder a varios servizos da Internet mediante o navegador do seu teléfono.
A aparencia das páxinas da Internet pode variar segundo o tamaño da pantalla. É posible
que non poida ver todos os detalles nas páxinas da Internet.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.
Para obter información acerca da dispoñibilidade destes servizos, das tarifas e
instrucións, póñase en contacto co fornecedor de servizos.
É posible recibir os axustes de configuración necesarios para navegar nunha mensaxe
de configuración do seu fornecedor de servizos.
Para configurar o servizo, seleccione Menú > Web > Axustes de web > Axustes
config., unha configuración e unha conta.