Actualizacións de software pola rede
O seu provedor de servizo pode enviar actualizacións de software do teléfono pola rede
directamente ao seu móbil (servizo de rede). Tal vez non estea dispoñible esta opción,
dependendo do seu teléfono.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión
de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para facer chamadas de emerxencia, ata completar a
Axustes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
37
instalación e reiniciar o dispositivo. Asegúrese de facer unha copia de seguridade dos
datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.
Axustes de actualización de software
Tal vez non estea dispoñible esta opción, dependendo do seu teléfono.
Para permitir ou non permitir actualizacións de software e configuracións, seleccione
Menú > Axustes > Configuración > Axustes xestor disp. > Serv. actual.
software.
Solicitar unha actualización de software
1. Seleccione Menú > Axustes > Teléfono > Actualizacións tlf. para solicitar
actualizacións de software dispoñibles do seu provedor de servizos.
2. Seleccione Detalles soft. actual para amosar a versión actual de software e
comprobar se necesita unha actualización.
3. Seleccione Descarg. soft. tlf. para descargar e instalar unha actualización de
software. Siga as instrucións que se amosan na pantalla.
4. Se a instalación se cancelara despois da descarga, seleccione Instalar actual.
soft. para comezar a instalación.
A actualización do software podería levar varios minutos. Se ten problemas coa
instalación, póñase en contacto co seu provedor de servizos.