Chamadas
Seleccione Menú > Axustes > Chamadas e unha das seguintes opcións:
● Desvío de chamada — permite desviar as chamadas entrantes (servizo de rede). É
posible que non sexa quen de desviar as súas chamadas se se atopa algunha función
de restrición de chamadas activa.
Vexa "Seguridade", p. 38.
● Calq. tecla responde — permite responder ás chamadas entrantes premendo
lixeiramente calquera tecla, excepto a de acendido, as de selección esquerda e
dereita ou a de Fin.
● Rechamada autom. — permite volver marcar o número automaticamente se a
chamada non se establece. O teléfono tenta chamar ao número 10 veces.
● Claridade de voz — permite mellorar a intelixibilidade da voz, especialmente en
contornos ruidosos
● Marcación rápida — permite marcar os nomes e números de teléfono asignados
ás teclas numéricas (2-9) mantendo premida a tecla numérica correspondente
● Chamada en espera — permite que a rede lle notifique se se está a producir unha
chamada entrante durante unha chamada en curso (servizo de rede)
● Temporiz. chamada — permite visualizar a duración da chamada en curso
● Resumo tras chamad. — permite visualizar brevemente a duración aproximada
despois de cada chamada
● Envío do n.º propio — permite amosar o número de teléfono á persoa á que está
a chamar (servizo de rede). Para empregar o axuste acordado co fornecedor de
servizos, seleccione Fixado pola rede.
● Liña cham. saíntes — permite seleccionar a liña de teléfono que desexa empregar
para realizar chamadas, se a súa tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono (servizo
de rede)
● Resp. se carp. aberta — permite responder ou finalizar as chamadas abrindo ou
pechando a tapa