Nokia 7510 Supernova - Chamadas

background image

Chamadas

Seleccione Menú > Axustes > Chamadas e unha das seguintes opcións:
Desvío de chamada — permite desviar as chamadas entrantes (servizo de rede). É

posible que non sexa quen de desviar as súas chamadas se se atopa algunha función

de restrición de chamadas activa.

Vexa "Seguridade", p. 38.

Calq. tecla responde — permite responder ás chamadas entrantes premendo

lixeiramente calquera tecla, excepto a de acendido, as de selección esquerda e

dereita ou a de Fin.

Rechamada autom. — permite volver marcar o número automaticamente se a

chamada non se establece. O teléfono tenta chamar ao número 10 veces.

Claridade de voz — permite mellorar a intelixibilidade da voz, especialmente en

contornos ruidosos

Marcación rápida — permite marcar os nomes e números de teléfono asignados

ás teclas numéricas (2-9) mantendo premida a tecla numérica correspondente

Chamada en espera — permite que a rede lle notifique se se está a producir unha

chamada entrante durante unha chamada en curso (servizo de rede)

Temporiz. chamada — permite visualizar a duración da chamada en curso

Resumo tras chamad. — permite visualizar brevemente a duración aproximada

despois de cada chamada

Envío do n.º propio — permite amosar o número de teléfono á persoa á que está

a chamar (servizo de rede). Para empregar o axuste acordado co fornecedor de

servizos, seleccione Fixado pola rede.

Liña cham. saíntes — permite seleccionar a liña de teléfono que desexa empregar

para realizar chamadas, se a súa tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono (servizo

de rede)

Resp. se carp. aberta — permite responder ou finalizar as chamadas abrindo ou

pechando a tapa