Pantalla
Seleccione Menú > Axustes > Pantalla e unha das seguintes opcións:
● Fondo — permite engadir unha imaxe de fondo para o modo en espera
● Pantalla Inicio — permite activar, organizar e personalizar o modo de pantalla de
inicio
● Cor fonte pant. Inicio — permite seleccionar a cor da fonte do modo de pantalla
de inicio
● Iconas tecla naveg. — permite visualizar as iconas dos accesos directos da tecla de
desprazamento no modo en espera cando o modo de pantalla de inicio se atopa
desactivado
● Detalles notificación — permite visualizar información das chamadas perdidas e
das notificacións das mensaxes
● Animación tapa — permite visualizar unha animación e que se escoite un ton ao
abrir ou pechar a tapa
● Tamaño de fonte — permite axustar o tamaño da fonte das mensaxes, dos
contactos e das páxinas web
● Logo do operador — permite que se visualice o logotipo do operador
● Amosar info célula — permite que se visualice a identidade da cela, se se atopa
dispoñible na rede