Restaurar axustes de fábrica
Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes > Recu.
axus. pred. e das seguintes opcións:
● Recuperar só axustes — Reinicie a configuración sen eliminar información persoal.
● Recuperar todo — Reinicie todas as preferencias de configuración e elimine toda
a información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e códigos
de activación.
11. Menú operador
Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer
máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode
actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.
12. Galería
Administre imaxes, videoclips, ficheiros de música, temas, gráficos, tons, gravacións e
ficheiros recibidos. Estes ficheiros almacénanse na memoria do teléfono ou nunha
tarxeta de memoria e poden ordenarse en cartafoles.
Carpetas e arquivos
Para ver a lista de carpetas, seleccione Menú > Galería. Para ver unha lista de arquivos
nunha carpeta, seleccione unha carpeta e Abrir. Para ver as carpetas da tarxeta de
memoria ao mover un arquivo, desprácese ata a tarxeta de memoria e prema a tecla
dereita de desprazamento.