Nokia 7510 Supernova - Restaurar axustes de fábrica

background image

Restaurar axustes de fábrica

Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes > Recu.

axus. pred. e das seguintes opcións:
Recuperar só axustes — Reinicie a configuración sen eliminar información persoal.

Recuperar todo — Reinicie todas as preferencias de configuración e elimine toda

a información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e códigos

de activación.

11. Menú operador

Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer

máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode

actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.

12. Galería

Administre imaxes, videoclips, ficheiros de música, temas, gráficos, tons, gravacións e

ficheiros recibidos. Estes ficheiros almacénanse na memoria do teléfono ou nunha

tarxeta de memoria e poden ordenarse en cartafoles.

Carpetas e arquivos

Para ver a lista de carpetas, seleccione Menú > Galería. Para ver unha lista de arquivos

nunha carpeta, seleccione unha carpeta e Abrir. Para ver as carpetas da tarxeta de

memoria ao mover un arquivo, desprácese ata a tarxeta de memoria e prema a tecla

dereita de desprazamento.