Seguridade
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas (coma
a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e o marcado fixo), pode que
sexa posible efectuar chamadas ó número de emerxencia oficial programado no
dispositivo.
Seleccione Menú > Axustes > Seguridade e unha das seguintes opcións:
● Petición código PIN ou Petición código UPIN — permite que se solicite o código
PIN ou UPIN cada vez que se acende o teléfono. Algunhas tarxetas SIM non admiten
a desactivación da solicitude do código.
● Servizo restric. cham. — permite restrinxir as chamadas entrantes e as saíntes do
teléfono (servizo de rede). Cómpre establecer un contrasinal de restrición.
● Marcación fixa — permite restrinxir as chamadas saíntes aos números de teléfono
seleccionados se o admite a tarxeta SIM. Cando a marcación fixa está activada, as
conexións GPRS non se poden establecer, excepto durante o envío de mensaxes de
texto a través dunha conexión GPRS. Neste caso, cómpre que o número do centro de
mensaxes e o número de teléfono do destinatario se inclúan na lista de marcación
fixa.
● Grupo usuar. pech. — permite especificar un grupo de persoas aos que pode
chamar e que poden chamarlle (servizo de rede)
● Nivel de seguridade — para que se solicite o código de seguridade cando se insira
unha tarxeta SIM no teléfono, seleccione Teléfono. Para que se solicite o código de
Axustes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
38
seguridade cando se seleccione a memoria da tarxeta SIM, e se desexa cambiar a
memoria que se está a empregar, seleccione Memoria.
● Códigos de acceso — permite cambiar o código de seguridade, o código PIN, o
código UPIN, o código PIN2 ou o contrasinal de restrición
● Petición código PIN2 — permite seleccionar se desexa que sexa necesario inserir
o código PIN2 para utilizar unha función específica do teléfono que se atope
protexida mediante o código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non admiten a
desactivación da solicitude do código.
● Código en uso — permite seleccionar o tipo de código PIN
● Certificad. autoridade ou Certificados usuario — permite ver a lista dos
certificados de autorización ou de usuario descargados ao teléfono.
Vexa
"Seguridade navegador", p. 52.
● Axus. mód. segurid. — permite ver Detalles mód. segur., activar Petición PIN
módulo ou cambiar o PIN do módulo e o de sinatura.
Vexa "Códigos de
acceso", p. 9.