Nokia 7510 Supernova - Seguridade

background image

Seguridade

Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas (coma

a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e o marcado fixo), pode que

sexa posible efectuar chamadas ó número de emerxencia oficial programado no

dispositivo.
Seleccione Menú > Axustes > Seguridade e unha das seguintes opcións:
Petición código PIN ou Petición código UPIN — permite que se solicite o código

PIN ou UPIN cada vez que se acende o teléfono. Algunhas tarxetas SIM non admiten

a desactivación da solicitude do código.

Servizo restric. cham. — permite restrinxir as chamadas entrantes e as saíntes do

teléfono (servizo de rede). Cómpre establecer un contrasinal de restrición.

Marcación fixa — permite restrinxir as chamadas saíntes aos números de teléfono

seleccionados se o admite a tarxeta SIM. Cando a marcación fixa está activada, as

conexións GPRS non se poden establecer, excepto durante o envío de mensaxes de

texto a través dunha conexión GPRS. Neste caso, cómpre que o número do centro de

mensaxes e o número de teléfono do destinatario se inclúan na lista de marcación

fixa.

Grupo usuar. pech. — permite especificar un grupo de persoas aos que pode

chamar e que poden chamarlle (servizo de rede)

Nivel de seguridade — para que se solicite o código de seguridade cando se insira

unha tarxeta SIM no teléfono, seleccione Teléfono. Para que se solicite o código de

Axustes

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

38

background image

seguridade cando se seleccione a memoria da tarxeta SIM, e se desexa cambiar a

memoria que se está a empregar, seleccione Memoria.

Códigos de acceso — permite cambiar o código de seguridade, o código PIN, o

código UPIN, o código PIN2 ou o contrasinal de restrición

Petición código PIN2 — permite seleccionar se desexa que sexa necesario inserir

o código PIN2 para utilizar unha función específica do teléfono que se atope

protexida mediante o código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non admiten a

desactivación da solicitude do código.

Código en uso — permite seleccionar o tipo de código PIN

Certificad. autoridade ou Certificados usuario — permite ver a lista dos

certificados de autorización ou de usuario descargados ao teléfono.

Vexa

"Seguridade navegador", p. 52.

Axus. mód. segurid. — permite ver Detalles mód. segur., activar Petición PIN

módulo ou cambiar o PIN do módulo e o de sinatura.

Vexa "Códigos de

acceso", p. 9.