Opcións durante unha chamada
Algunhas das opcións que pode empregar durante a chamada son servizos de rede. Se
desexa coñecer a dispoñibilidade, póñase en contacto co seu fornecedor de servizo.
Durante unha chamada, seleccione Opcións. As opción dispoñibles inclúen:
As opcións de chamada son Silenciar ou Desactivar silencio, Guía, Menú, Bloquear o
teclado, Gravar, Claridade de voz, Altofalante ou Teléfono.
As opcións de rede son Responder ou Rexeitar, Reter ou Recuperar, Nova
chamada, Engad. á confer., Rematar chamada, Remat. todas cham., e as seguintes:
● Enviar DTMF — para enviar notas de tons
● Cambiar — para cambiar entre a chamada activa e a chamada retida
● Transferir — para conectar unha chamada retida cunha activa e desconectarse a
un mesmo
● Conferencia — para facer unha chamada en conferencia
● Chamada privada — para ter unha conversa privada nunha chamada de conferencia
Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa
que o son podería emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.
4. Escribir texto
Modos de texto
Para inserir un texto (por exemplo, ao escribir unha mensaxe) pode utilizar a inserción
de texto tradicional ou preditiva.
Cando escribe texto, seleccione e manteña premido Opcións para cambiar entre
inserción de texto tradicional, indicado por
, e a entrada de texto preditivo, indicada
por
. O texto preditivo non funciona con tódalas linguas.
Os cadros de caracter están indicados por
, , e
.
Para cambiar o cadro de carácter, prema #. Para cambiar do modo texto ao modo
numérico, indicado por
, prema e manteña premido #, e seleccione Modo
numérico. Para cambiar do modo número ao modo letra, prema a manteña premido
#.
Para definir o idioma de escritura, seleccione Opcións > Idioma de escritura.
Inserción de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o carácter
desexado. Os caracteres dispoñibles dependen da lingua de escritura elixida.
Se a seguinte letra que desexa escribir está na mesma tecla que a actual, espere ata que
apareza o cursor e escriba a letra.