Nokia 7510 Supernova - Opcións durante unha chamada

background image

Opcións durante unha chamada

Algunhas das opcións que pode empregar durante a chamada son servizos de rede. Se

desexa coñecer a dispoñibilidade, póñase en contacto co seu fornecedor de servizo.
Durante unha chamada, seleccione Opcións. As opción dispoñibles inclúen:
As opcións de chamada son Silenciar ou Desactivar silencio, Guía, Menú, Bloquear o

teclado, Gravar, Claridade de voz, Altofalante ou Teléfono.
As opcións de rede son Responder ou Rexeitar, Reter ou Recuperar, Nova

chamada, Engad. á confer., Rematar chamada, Remat. todas cham., e as seguintes:
Enviar DTMF — para enviar notas de tons

Cambiar — para cambiar entre a chamada activa e a chamada retida

Transferir — para conectar unha chamada retida cunha activa e desconectarse a

un mesmo

Conferencia — para facer unha chamada en conferencia

Chamada privada — para ter unha conversa privada nunha chamada de conferencia

Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa

que o son podería emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.

4. Escribir texto

Modos de texto

Para inserir un texto (por exemplo, ao escribir unha mensaxe) pode utilizar a inserción

de texto tradicional ou preditiva.
Cando escribe texto, seleccione e manteña premido Opcións para cambiar entre

inserción de texto tradicional, indicado por

, e a entrada de texto preditivo, indicada

por

. O texto preditivo non funciona con tódalas linguas.

Os cadros de caracter están indicados por

, , e

.

Para cambiar o cadro de carácter, prema #. Para cambiar do modo texto ao modo

numérico, indicado por

, prema e manteña premido #, e seleccione Modo

numérico. Para cambiar do modo número ao modo letra, prema a manteña premido

#.
Para definir o idioma de escritura, seleccione Opcións > Idioma de escritura.

Inserción de texto tradicional

Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o carácter

desexado. Os caracteres dispoñibles dependen da lingua de escritura elixida.
Se a seguinte letra que desexa escribir está na mesma tecla que a actual, espere ata que

apareza o cursor e escriba a letra.