![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia 7510 Supernova/gl/Nokia 7510 Supernova_gl033.png)
Nokia PC Suite
Con Nokia PC Suite pode xestionar a súa música, sincronizar contactos, a axenda, notas
e tarefas, entre o seu teléfono e un PC compatible ou un servidor de internet remoto
(servizo de rede). Pode atopar máis información e o PC Suite na páxina web de Nokia.
Vexa "Axuda Nokia", p. 11.
10. Axustes
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden
personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
● Activar — para activar o perfil seleccionado
● Personalizar — para cambiar as opcións do perfil
● Temporizado — para configurar un perfil que estea activo durante un certo tempo.
Cando acaba o tempo establecido para o perfil, actívase o perfil anterior que non
caducou.
Temas
Un tema ten elementos para personalizar o seu teléfono.
Seleccione Menú > Axustes > Temas e das seguintes opcións:
● Tema seleccionado — Abra a carpeta Temas e seleccione un tema.
● Descargas de temas — Abra unha lista de ligazóns para descargar máis temas.
Tones
É posible cambiar a configuración de ton do perfil activo seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. No menú Perfís pode atopar a mesma
configuración.
Se selecciona o nivel de ton de chamada máis elevado, este alcanzará o seu nivel máis
alto despois de varios segundos.
Luces
Para activar ou desactivar efectos de luces asociados a diferentes funcións do teléfono,
seleccione Menú > Axustes > Axustes de luz.