
Sincronización e copias de seguridade
Seleccione Menú > Axustes > Sinc. e copia seg. e unha das seguintes opcións:
● Sincronización — Permite crear unha copia de seguridade dos seus datos persoais
nun servidor Nokia. Para poder iniciar unha copia de seguridade, cómpre crear unha
conta de Nokia. Seleccione Conectar, e recibirá instrucións para completar o proceso.
● Intercambio tlf. — Permite sincronizar ou copiar datos seleccionados entre o seu
teléfono e outro mediante tecnoloxía Bluetooth.
● Crear copia seg. — Permite crear unha copia de seguridade dos datos seleccionados
na tarxeta de memoria ou nun dispositivo externo.
● Recup copia seg. — Permite seleccionar un ficheiro de copia de seguridade
almacenado na tarxeta de memoria ou nun dispositivo externo para restablecelo no
Conectividade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
32

teléfono. Seleccione Opcións > Detalles para obter información acerca do ficheiro
da copia de seguridade seleccionado.
● Transfer. datos — Permite sincronizar ou copiar os datos seleccionados entre o
teléfono e outro dispositivo, un ordenador ou un servidor de rede (servizo de rede).