Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o teléfono, mediante ondas de radio, a un
dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.1 + EDR que admite os
seguintes perfís: de acceso á SIM, de envío de obxectos, de transferencia de ficheiros,
de conexión á rede por liña conmutada, de auriculares, de mans libres, de acceso
xenérico, de porto de serie, de intercambio de obxectos xenérico, de distribución de son
avanzada, de control remoto de son e vídeo e de distribución de son e vídeo xenérica .
Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en contacto
cos fabricantes dos outros dispositivos para obter información sobre a compatibilidade
con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
Seleccione Menú > Axustes > Conectividade > Bluetooth e leve a cabo os seguintes
pasos:
1. Seleccione Nome do meu tlf. e insira un nome para o seu teléfono.
2. Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione Bluetooth > Activado. indica
que a conectividade Bluetooth está activa.
3. Para conectar o teléfono a un accesorio de son, seleccione Conex. a acc. audio e o
dispositivo ao que desexa establecer a conexión.
4. Para emparellar o teléfono con calquera dispositivo Bluetooth que se atope dentro
do alcance, seleccione Disposit. vinculados > Engadir novo disp..
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione Engadir.
Insira un código (de ata 16 caracteres) no teléfono e estableza a conexión co outro
dispositivo Bluetooth.
Se está preocupado pola seguridade, desactive a función Bluetooth ou axuste Visibilid.
do meu tlf. en Oculto. Acepte unicamente comunicacións Bluetooth de usuarios fiables.
Conexión PC a internet
Utilice a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á Internet sen
necesidade de empregar o software PC Suite. O teléfono deberá ter activado un
fornecedor de servizos que admita o acceso á Internet, e o ordenador deberá ser
compatible coa tecnoloxía Bluetooth. Unha vez establecida a conexión co servizo de
punto de acceso á rede (NAP) do teléfono e de emparellar o mesmo co ordenador, o
teléfono abrirá automaticamente unha conexión de paquetes de datos á Internet.
Conectividade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
31