Tarxeta de memoria
Use unha tarxeta de memoria para gardar os seus arquivos multimedia, como
videoclips, música, arquivos de son, imaxes e datos das mensaxes.
Algunhas das carpetas en Galería con contido que usa o teléfono (por exemplo,
Temas) pode gardarse na tarxeta de memoria.
Formatear a tarxeta de memoria
Algunhas tarxetas de memoria fornecidas xa están preformateadas, e outras precisan
formateado. Ao formatear unha tarxeta de memoria, perderase toda a información da
tarxeta.
1. Para formatear unha tarxeta de memoria, seleccione Menú > Galería ou
Aplicacións, a carpeta da tarxeta de memoria , e Opcións > Format. tarx.
memo > Si.
2. Tras completarse o formateado, escriba un nome para a tarxeta de memoria.
Bloquear a tarxeta de memoria
Para establecer un contrasinal (máximo 8 caracteres) para bloquear a súa tarxeta de
memoria contra un uso non autorizado, seleccione a carpeta da tarxeta de memoria
e Opcións > Fixar contrasinal.
Galería
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
40
O contrasinal gárdase no teléfono e non deberá escribilo novamente mentres use a
tarxeta de memoria no mesmo teléfono. Se desexa utilizar a tarxeta de memoria noutro
dispositivo, deberá escribir o contrasinal.
Para eliminar o contrasinal, seleccione Opcións > Borrar contrasinal.
Comprobar consumo de memoria
Para comprobar o consumo de memoria de diferentes grupos de datos e Opcións >
Detalles.
13. Soportes
Cámara e vídeo
Tire fotos e grave videoclips coa cámara integrada.
Toma de imaxes
Para utilizar a función de imaxes fixas, seleccione Menú > Multimedia > Cámara; ou,
se a función de vídeo se atopa activada, desprácese á esquerda ou á dereita.
Para ampliar e reducir a imaxe co zoom no modo da cámara, desprácese cara a arriba
e abaixo ou prema as teclas de volume.
Para tomar unha imaxe, seleccione Capturar. O teléfono gardará as imaxes na tarxeta
de memoria, se está dispoñible, ou na memoria do teléfono.
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para
tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de imaxes.
Para capturar todas as imaxes co flash da cámara, seleccione Opcións > Flash > Flash
activado; ou para activar o flash automaticamente en condicións de pouca iluminación,
seleccione Automático.
Para visualizar unha imaxe inmediatamente despois de capturala, seleccione
Opcións > Axustes > Hora vista prev. imx. e o tempo de vista previa. Durante o
tempo de vista previa, para capturar outra imaxe, seleccione Atrás, ou para enviar a
imaxe a outro dispositivo ou a un servizo dispoñible, seleccione Opcións > Enviar e
unha das opcións dispoñibles.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de ata 1600 x 1200
píxeles.
Gravación dun videoclip
Para activar a función de vídeo, seleccione Menú > Multimedia > Vídeo; ou, se a
función da cámara está activada, desprácese á esquerda ou á dereita.
Para iniciar a gravación de vídeo, seleccione Gravar; para inserir unha pausa na
gravación, seleccione Pausa; para retomar a gravación, seleccione Continuar; para
deter a gravación, seleccione Deter.