Códigos de acceso
Para axustar como desexa que o seu teléfono empregue os códigos de acceso e os
axustes de seguridade, seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Códigos de
acceso.
● O código PIN (UPIN) fornecido coa tarxeta SIM (USIM), axuda a protexer contra o uso
non autorizado da tarxeta.
● O código PIN2 (UPIN2) fornecido con algunhas tarxetas SIM (USIM), requírese para
acceder a determinados servizos.
● Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2) poden ser fornecidos coa tarxeta SIM (USIM).
Si insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces seguidas, solicitaráselle que insira
o código PUK. Se non se fornecen os códigos, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos.
● O código de seguridade axúdalle a protexer o teléfono contra o uso non autorizado.
Pode crear e cambiar o código e axustar o teléfono para solicitar o código. Garde o
código nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se esquece o código e o seu
teléfono está bloqueado, o teléfono requirirá asistencia técnica e é posible que se
apliquen tarifas adicionais. Para obter máis información, póñase en contacto cun
servizo de atención ao cliente de Nokia ou co distribuidor do teléfono.
● O contrasinal de restrición requírese cando se emprega o servizo de restrición de
chamadas para restrinxir as chamadas recibidas ou efectuadas dende o teléfono
(servizo de rede).
● Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade do navegador web,
seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Axus. mód. segurid..