Nokia 7510 Supernova - Xestión dos dereitos dixitais

background image

Xestión dos dereitos dixitais

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de

xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos

os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder

a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo poderá acceder a contidos

protexidos con WMDRM 10, OMA DRM 1.0, bloqueo de reenvío OMA DRM 1.0, e OMA DRM

2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os

propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software

de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén

impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante

DRM. Esta anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM

ou ó uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse

cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha

copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de

seguridade de Nokia PC Suite. É posible que outros métodos de transferencia non

transfiran as claves de activación que é necesario recuperar co contido para que poida

continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a

memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar as claves de activación

en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.

Información xeral

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

11

background image

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de activación

e o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda

as claves de activación e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das

claves de activación ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo

contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en contacto

co seu fornecedor de servizos.

2. Introdución

Extracción e colocación das tapas

Nota: Desactive sempre a alimentación e desconecte o cargador e os demais

dispositivos antes de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando

cambie as tapas. Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
Para extraer e cambiar a tapa frontal ou posterior, abra a tapa do teléfono. Evite premer

a pantalla oculta situada debaixo da tapa frontal mentres cambia as tapas.

Tapa frontal

1. Coloque a uña debaixo da punta da tapa.

2. Tire da tapa.

3. Para volver colocar a tapa, deslícea cara ao teléfono ata que encaixe.

Tapa posterior

1. Coloque os polgares na tapa posterior e empuxe cara a arriba.