Cargar a batería
A batería está cargada previamente, pero é posible que os niveis da carga varíen.
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
14
2. Conecte o cargador ao dispositivo. Durante a carga,
a luz do recordatorio iluminarase de xeito
intermitente aproximadamente cada 30 segundos.
3. Cando a batería se atope completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e, a
continuación, da toma de parede.
Se a batería está completamente descargada, é posible
que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder
visualizar o indicador de carga na pantalla.
O tempo de carga varía en función do cargador que se empregue. A carga dunha batería
BL-5BT cun cargador AC-3 tarda aproximadamente 2 horas 40 minutos co teléfono en
modo en espera.