![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia 7510 Supernova/gl/Nokia 7510 Supernova_gl014.png)
Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que
se estea accedendo á mesma, xa que, do contrario, poderíase danar a tarxeta de
memoria, o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
É posible extraer ou substituír a tarxeta de memoria co teléfono en funcionamento sen
necesidade de apagalo.
1. Asegúrese de que non haxa ningunha aplicación accedendo á tarxeta de memoria
nestes intres.
2. Quite a tapa posterior.
3. Prema a tarxeta de memoria lixeiramente cara a dentro para liberar o bloqueo e
retírea.
4. Coloque de novo a tapa posterior.