Funcións sen a tarxeta SIM
Algunhas funcións do seu teléfono poden usarse sen insertar unha tarxeta SIM, tales
como funcións do Organizador ou xogos. Algunhas funcións aparecen atenuadas nos
menús e non se poden usar.
3. Chamadas
Facer unha chamada
Pode facer unha chamada de diversas formas:
● Insira o número de teléfono, incluído o prefixo, e prema a tecla de chamada.
Para facer chamadas internacionais, prema *dúas veces para marcar o prefixo
internacional (o carácter + substitúe o código de acceso internacional), insira o
código do país, o prefixo local sen antepor o 0, se é preciso, e o número de teléfono.
● Para acceder á lista de números marcados, prema unha vez a tecla de chamada no
modo de espera. Seleccione un número ou nome e prema a tecla de chamada.