Insira unha tarxeta microSD
Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar co
dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas microSD cunha capacidade de ata 8 GB.
1. Quite a tapa posterior.
2. Insira a tarxeta na rañura da tarxeta de memoria coa
superficie de contacto orientada cara a abaixo e prémaa
ata que quede encaixada.
3. Coloque de novo a tapa posterior.