Pantalla de inicio
No modo de pantalla de inicio amósase unha lista coas funcións do teléfono
seleccionadas e información á que pode acceder directamente.
Para activar ou desactivar o modo de pantalla de inicio, seleccione Menú > Axustes >
Pantalla > Pantalla Inicio > Modo pantalla Inicio.
Para organizar e cambiar o modo de pantalla de inicio, seleccione Menú > Axustes >
Pantalla > Pantalla Inicio > Personalizar vista e unha das opcións dispoñibles.
Para seleccionar a tecla que se emprega para activar o modo de pantalla de inicio,
seleccione Menú > Axustes > Pantalla > Pantalla Inicio > Tecla pant. Inicio e
unha das opcións dispoñibles.
En función do axuste, no modo de pantalla de inicio, desprácese cara arriba ou cara
abaixo para navegar pola lista e seleccione Seleccion., Ver ou Editar. As frechas indican
que existe máis información dispoñible. Para deter a navegación, seleccione Saír.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
18