Navegación polos menús
O teléfono ofrece un amplo abano de funcións que se agrupan en menús.
1. Para acceder ao menú, seleccione Menú.
2. Desprácese polo menú e seleccione unha opción (por exemplo, Axustes).
3. Se o menú seleccionado contén máis submenús, seleccione un (por exemplo,
Chamadas).
4. Se o menú seleccionado contén máis submenús, repita o paso 3.
5. Seleccione o axuste que desexe.
6. Para volver ao nivel de menú anterior, seleccione Atrás.
Para saír do menú, seleccione Saír.
Para cambiar a vista do menú, seleccione Opcións > Vista menú ppal.. Desprácese á
dereita e seleccione unha das opcións dispoñibles.
Introdución
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
17
Para reorganizar o menú, seleccione Opcións > Organizar. Desprácese ata o elemento
de menú que desexa mover e seleccione Mover. Desprácese ata onde desexe mover o
elemento de menú e seleccione Aceptar. Para gardar o cambio, seleccione Feito >
Si.