Nokia 7510 Supernova - Descarga de mapas

background image

Descarga de mapas

O teléfono pode conter mapas preinstalados na tarxeta de memoria. Pode descargar un

novo conxunto de mapas a través da Internet mediante o software para ordenador

Nokia Map Loader.

Organizador

© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.

46

background image

Nokia Map Loader

Para descargar o software Nokia Map Loader no seu ordenador e para obter máis

instrucións, consulte a páxina www.maps.nokia.com.
Antes de descargar mapas novos por primeira vez, asegúrese de que a tarxeta de

memoria se atopa inserida no teléfono.
Seleccione Menú > Organizador > Mapas para levar a cabo a configuración inicial.
Para cambiar a selección dos mapas da súa tarxeta de memoria, utilice o software Nokia

Map Loader para eliminar todos os mapas da tarxeta de memoria e descargue unha

nova selección para garantir que todos os mapas sexan da mesma versión.

Servizo de mapas de rede

É posible axustar o teléfono para que descargue automaticamente mapas que non

posúa no teléfono cando sexa necesario.
Seleccione Menú > Organizador > Mapas > Axustes > Axustes de rede >

Permitir uso de rede > Si ou En rede propia.
Para impedir a descarga automática dos mapas, seleccione Non.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a

través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.