Mapas e GPS
Pode usar o sistema de posicionamento global (GPS) para fornecer á aplicación Mapas.
Atope a súa localización ou mida distancias e coordenadas.
Antes de usar a función GPS do seu teléfono, ten que relacionar o seu móbil cun receptor
externo GPS compatible usando tecnoloxía sen fíos Bluetooth. Para máis información,
consulte a guía de usuario do seu dispositivo GPS.
Despois de relacionar o dispositivo GPS Bluetooth co seu teléfono, pode que o seu
teléfono tarde uns minutos en amosar a localización actual. As seguintes conexións
deberían ser máis rápidas. Se non usou o GPS durante varios días o está moi lonxe da
última localización na que estivo, o dispositivo podería tardar varios minutos para
detectar e amosar a súa localización.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión
dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados
polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política
de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación
federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden
verse afectadas pola súa localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de
polas condicións meteorolóxicas. Só se debe utilizar o receptor GPS no exterior para
permitir a recepción de sinais GPS.
Organizador
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
47
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e vostede
non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.