Ecualizador
Axuste o son cando usa o reprodutor de música.
Seleccione Menú > Multimedia > Ecualizador.
Para activar un modo de ecualización predeterminado, desprácese a algún deles e
seleccione Activar.
Crear un novo modo de ecualización
1. Seleccione un dos dous últimos modos da lista e Opcións > Editar.
2. Desprácese á esquerda ou dereita para acceder a barras de desprazamento virtuais
e arriba e abaixo para axustar a barra.
3. Para gardar as opcións e crear un nome para o modo, seleccione Gardar e
Opcións > Renomear.