Gravadora de voz
Grave a fala, un son ou unha chamada activa, e gárdeos en Galería.
Seleccione Menú > Multimedia > Gravadora. Para usar as teclas gráficas , , ou
na pantalla, prema a tecla de desprazamento dereita ou esquerda.
Gravar son
1. Seleccione , ou, durante unha chamada, seleccione Opcións > Gravar. Mentres
grava unha chamada, ambos interlocutores escoitan un son agudo feble. Para deter
momentaneamente a gravación, seleccione .
2. Para rematar a gravación, seleccione . A gravación está gardada na carpeta de
gravacións na Galería.
Seleccione Opcións para reproducir ou enviar a derradeira gravación, para acceder a
lista de gravacións, ou seleccionar a memoria e a carpeta para gardar as gravacións.