Axustes da radio
Seleccione Opcións > Axustes e unha das seguintes opcións:
● RDS — permite seleccionar se desexa que se visualice información do sistema de
datos de radio
● Autofrecuencia — permite activar o cambio automático a unha frecuencia na que
se reciba mellor a emisora sintonizada (dispoñible co RDS activado)
● Reproducir por — permite seleccionar os auriculares ou o altofalante
● Saída — permite alternar entre a saída estéreo e monoaural
● Tema da radio — permite seleccionar un tema da radio
Soportes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
44