Menú Música
Acceda á música e os ficheiros de vídeo que se atopan almacenados na memoria do
teléfono ou na tarxeta de memoria, descargue música ou videoclips da web ou visualice
transmisións en secuencias de vídeos compatibles dende un servidor de rede (servizo
de rede).
Para escoitar música ou reproducir videoclips, seleccione un ficheiro dos cartafoles
dispoñibles e Reprodu..
Para descargar ficheiros da web, seleccione Opcións > Descargas e un sitio web de
descarga.
Para actualizar a biblioteca de música despois de engadir ficheiros, seleccione
Opcións > Actualiz. biblio..
Creación dunha lista de reprodución
Para crear unha lista de reprodución coa súa selección de música, leve a cabo o seguinte:
1. Seleccione Listas reproduc. > Crear lista reprod. e insira o nome da lista de
reprodución.
2. Engada música ou videoclips das listas visualizadas.
3. Seleccione Feito para almacenar a lista de reprodución.
Configuración dun servizo de transmisión en secuencias
É posible recibir os axustes da transmisión en secuencias nunha mensaxe de
configuración do fornecedor de servizos.
Vexa "Servizo de configuración de
parámetros", p. 9.
Tamén é posible inserir os axustes manualmente.
Vexa
"Configuración", p. 37.
Soportes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
42
Para activar os axustes, leve a cabo o seguinte:
1. Seleccione Opcións > Descargas > Axustes de streaming > Configuración.
2. Seleccione un fornecedor de servizos, Predeterminados ou Config. persoal para a
transmisión por secuencias.
3. Seleccione Conta e unha conta do servizo de transmisión por secuencias dos axustes
da configuración activa.