
Cargas de ficheiros na rede
Abra a páxina web do seu servizo para compartir ficheiros en liña para ver imaxes e
vídeos cargados e para cambiar os axustes (servizo de rede).
Abra un servizo para compartir ficheiros en liña
1. Seleccione Menú > Web > Cargas á web e un servizo para compartir ficheiros en
liña.
2. Seleccione unha das ligazóns ofrecidas polo servizo.
Engada un novo servizo para compartir ficheiros en liña.
Seleccione Menú > Web > Cargas á web > Enga. novo serv. e siga as instrucións
que se amosan na pantalla.
Cambie os axustes dun servizo para compartir ficheiros en liña
1. Seleccione Menú > Web > Cargas á web e un servizo para compartir ficheiros en
liña.
2. Seleccione Opcións > Axustes para abrir a páxina de axustes do servizo.